1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de clausura, selaxe e rexeneración ambiental do vertedoiro de Gondomar (Pontevedra).
2.2. Prazo de execución: nove (9) semanas.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
3.1. Tramitación: urxente.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: vintecatro millóns oitenta e unha mil oitocentas noventa e oito (24.081.898) pesetas, IVE incluído (144.735,12 euros).
5. Fianza provisional:
2% do orzamento de licitación: catrocentas oitenta e unha mil seiscentas trinta e oito (481.638) pesetas (2.894,70 euros).
6. Fianza definitiva:
4% do orzamento de licitación: novecentas sesenta e tres mil duascentas setenta e seis (963.276) pesetas (5.789,40 euros).
7. Clasificación: grupo A, subgrupo 1 e 2, categoría D.
8. Documentación e información.
8.1. Documentación:
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións na copistería Copynino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela (teléfono: 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N= 718
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e estean interesadas en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:
-No apartado asunto: nome do concurso.
-Nome da empresa.
-Nº de teléfono.
8.2. Información.
Teléfono: 981 54 17 49.
9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
9.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: rúa dos Basquiños, nº 2.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
10. Apertura das ofertas:
a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.
b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións, se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12 horas.
11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2001.
P.D. (Orde 12-1-1998)
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente