Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 20 de xullo de 2001, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se notifica a apertura e o prego de cargos do expediente sancionador PESAN1 01/000631-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan a apertura e pregos de cargos dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto para presentaren ante a delegación territorial as alegacións que coiden pertinentes.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse ó dispor dos interesados na citada Delegación Territorial da Coruña, Ramón y Cajal, s/n, 5ª planta.

Expediente: PESAN1 01/000631-1.

Denunciado: Fernando Juan Fajardo Suárez.

DNI: 32422397-X.

Enderezo: r/ Vizcaya, 62-1º D, A Coruña.

A Coruña, 20 de xullo de 2001.

Beatriz Alonso de la Iglesia

Instructora