Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.217

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/84-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UCOSA.

Domicilio social: r/ Ribeira Sacra-C. Com. Ponte Vella, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. C.T., de Mall, zonas comúns e climatización.

Situación: c. comercial Pontevella, r/ Ribeira Sacra-Ourense.

Descricións técnicas: centro de transformación situado no entresollado do centro comercial, equipado con 4 transformadores en celas independientes, de 630 kVA C.U. (2.520 kVA) R.T. 15/20.000-38/220 V. Este C.T. aliméntase mediante L.M.T. a 15 kV, baixo tubo en conductor ó R.H.V. 15/20 kV con orixe no C.T. contiguo propiedade de Unión Fenosa Distribución, S.A.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 23 de agosto de 2001.

Gabriel Diéguez Domínguez

Secretario provincial, delegado provincial de

Ourense en funciones