Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e
no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: UDESA.
Domicilio social: r/ Madrid, 1 (As Fontiñas), 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).
Denominación: L.M.T. de Mixón a Vilamarta e C.T. de 50 kVA en Rodás.
Situación: Cerceda.
Características técnicas: liña eléctrica de media tensión a 15/20 kV de 1.664 m de lonxitude en conductor LA-56, que parte da L.M.T. a C.T. Vilamarta e C.T. de 50 kVA. Concello de Cerceda.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 24 de xullo de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña