Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.211

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de xullo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 81/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterráneas en subestación A Grela.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: liñas de media tensión subterráneas a 15/20 kV de 16,48 km de lonxitude en conductor R.H.V. de 400 m/m Al que parte da nova subestación da Grela e final nas distintas liñas que a continuación se indican:

-Peruleiro I; Peruleiro II; Petroliber I; Polígono de Bens I e Polígono de Bens II; Ventorrillo-avda. de Finisterre; Ventorrillo-Mantelería; Cero-Ventorrillo; Ventorrillo-Sol; Grafitos-Coxeración; Meicende Pastoriza-Sabón; Vilarrodiz-Sabón; Sigrás; Cero-Pocomaco-Vilaboa; Zapateira-Vilaboa; Médico Durán; Palloza; Cero Amboage; San Cristovo-Damas Longo; San Cristobo-J. Planells; San Cristovo-Polígono Elviña F.2; San Cristobo-Cabana; Cr. Continente-Eirís; Pocomaco Eirís; Sardiñeira; Cr. Pasaxe I; Pasaxe II.

L.M.T.S. de 338 m de lonxitude en D.C. en conductor R.H.V. 240 m/m Al que parte dos enlaces da subestación da Grela e con final no paso aéreo-subterráneo das L.M.T. Zapateira-Vilaboa e Cero-Pocomaco. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e

presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 20 de xullo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña