Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2001 pola que se anuncia a licitación, trámite de urxencia, do concurso aberto da obra de acondicionamento da estrada LU-170. Treito: Momán-Parga, de clave N/LU/91.5.

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telecopiadora do poder adxudicador. Xunta de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono: 981 54 49 86, telefax: 981 54 47 91.

2. a) Modalidade de adxudicación elixida: concurso aberto.

b) Contido do contrato obxecto da licitación: acondicionamento da estrada LU-170. Treito: Momán-Parga.

Orzamento: 1.339.132.283 pesetas; 8.048.347,11 euros

3. a) Lugar de execución: Lugo.

b) Natureza e alcance das prestacións, características xerais da obra: incluída no proxecto que se acompaña como documento complementario ó prego de cláusulas administrativas particulares.

c), d)

4. Prazo de execución eventualmente imposto: 24 meses.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: o indicado no parágrafo número 1.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.

E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2, teléfono 981 58 89 38.

b) 6. a) Data límite de recepción das ofertas: ás 12 horas do 29 de outubro de 2001.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: a indicada no parágrafo 1 do presente anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse as ofertas: galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, acompañado da traducción oficial.

7. a) Se é o caso, persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar da apertura das ofertas: 8 de novembro de 2001, ás 11 horas na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8. De se-lo caso, fianza e garantías esixidas: esixirase unha fianza provisional do (2%) do orzamento de contrata (26.782.646 pesetas), (160.966,94 euros) e unha fianza definitiva equivalente ó (4%) do orzamento de contrata (53.565.291 pesetas), (321.933,88 euros).

As ditas garantías poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: pagamentos a conta de carácter mensual, baseados na avaliación do traballo, de conformidade co artigo 145 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de empresarios adxudicataria do contrato: poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da LCAP e normativa de desenvolvemento.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse ó contratista: as que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses consonte o artigo 89 Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administraciones públicas.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14.

15. Información complementaria:

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría e grupo G, subgrupo 4, categoría f.

16.

17. Data de envío do anuncio: 7 de setembro de 2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas do 7 de setembro de 2001.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2001.

P.d. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda