Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.205

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2001 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto, trámite de urxencia, da subministración de clave SC/01/047.8.

a) Subministración.

1. Adquisición de seis (6) vehículos turismo comerciais gasóleo encadrados no grupo E para as delegacións provinciais da Coruña e Pontevedra dependentes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia.

Clave: SC/01/047.8.

Orzamento: nove millóns vinteoito mil cincocentas noventa e seis pesetas (9.028.596), equivalentes a (54.262,95 euros).

Prazo de entrega: 1 mes.

Garantía provisional: non se esixe

A solvencia económica e financeira acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica acreditarase segundo o disposto no artigo 18 b, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas nos termos precisados na cláusula 2.2.5 do prego.

(Declarada urxente consonte o artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas esta

rán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información 981 54 49 86.

Así mesmo poderanse obte-los pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.

E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2. Teléfono 981 58 89 38.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do presuposto de adxudicación.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6, Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes: non se admiten.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2001.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda