Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 13 de setembro de 2001 Páx. 12.203

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2001 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de estratigrafía, do departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio, a Francisco Javier Hernández Molina (praza 26/2000).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 17 de agosto de 2000 (BOE do 6 de setembro), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de estratigrafía, do departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio, en prol de Francisco Javier Hernández Molina, con documento nacional de identidade 31237841-T, e cumprindo o interesado os requisitos do número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Francisco Javier Hernández Molina, profesor titular de universidade da área de coñecemento de estratigrafía, do departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición,

no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non se dicte resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 9 de agosto de 2001.

P.D. (Resolución 26-7-2001)

Javier de Vicente Remesal

Vicerrector de profesorado