Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 12 de setembro de 2001 Páx. 12.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA

EDICTO.

O Concello de Xunqueira de Ambía, en sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o día 30 de xullo de 2001, aprobou inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal, redactado por Mendizábal Recuna, S.C.

Exponse ó público ata o día 30 de outubro do ano que corre.

Calquera persoa pode examinalo no concello, en horario de oficina, co obxecto de formula-las alegacións ou observacións que estime pertinentes.

Quedan suspendidos os outorgamentos de licencias nas áreas do territorio que implican modificacións do réxime urbanístico vixente na actualidade, a partir do día 30 de outubro de 2001. Este prazo non será superior a un ano.

Xunqueira de Ambía, 31 de xullo de 2001.

José Luis Gavilanes Losada

Alcalde