Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 12 de setembro de 2001 Páx. 12.169

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OÍMBRA

EDICTO.

O Pleno do Concello de Oímbra, en sesión extraordinaria do día 5 de xuño de 2001, acordou resolver tódalas alegacións e reclamacións efectuadas polos interesados, ó proxecto de ordenación do medio rural do Concello de Oímbra, efectuadas durante o trámite de exposición ó público, que comprendeu 2 períodos de prazo dun mes cada un, en virtude dos acordos adoptados en sesións plenarias do 11 de outubro e do 28 de decembro de 2000.

Nesa sesión plenaria tamén se acordou volver a expoñer ó público polo prazo dun mes o proxecto de ordenación do medio rural do Concello de Oímbra, unha vez reflectido nel a resolución de tódalas alegacións, dado que se considera que existe unha modificación substancial respecto ó proxecto inicialmente aprobado e exposto ó público. Este prazo dun mes empezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG.

Ademais, e debido á imposibilidade de facelo individualmente, por medio do presente edicto notifícase a tódalas persoas que efectuaron alegacións ó proxecto de ordenación do medio rural, que o pleno do concello resolveu sobre estas en sesión plenaria extraordinaria do día 5 de xuño de 2001, e que se encontra no concello o expediente para que tódalas persoas poidan examinalo e comprobar se a súa alegación foi aceptada ou non. Contra o acordo adoptado polo pleno do concello en sesión extraordinaria do día 5 de xuño de 2001, os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de 2 meses, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG.

Oímbra, 6 de agosto de 2001.

Alfonso Villarino Rodríguez

Alcalde