1. Entidade adxudicadora: Concello do Grove.
2. Obxecto do contrato: saneamento estrada San Vicente-A Igrexa-Reboredo. Lugar de execución: O Grove. Prazo de execución: 3 meses.
3. Tramitación: urxente, procedemento: aberto, forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 19.396.498 pesetas.
5. Garantías: provisional: 2% do orzamento anterior. Definitiva: 4% do orzamento anterior.
6. Obtención de documentación e información: casa do Concello do Grove, praza do Corgo 1, (36980) O Grove (Pontevedra), teléfono/fax: 986 73 13 58. Data límite: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.
8. Presentación de ofertas: durante 13 días naturais seguintes ó da última publicación do presente anuncio no BOP e no DOG, de 9 a 14 horas.
-Documentación: a establecida na cláusula 18 do prego de condicións.
-Lugar de presentación: o mesmo que figura no punto 6 deste anuncio.
-Prazo da obrigación de mante-la oferta: 3 meses.
-Admisión de variantes: admítense variantes conforme ós criterios de adxudicación establecidos na base 20ª do prego de condicións.
9. Apertura de ofertas: no salón de plenos do concello, o 1º día hábil seguinte, non sábado, despois do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 13 horas.
10. Outras informacións: simultaneamente á licitación exponse o prego de condicións, por prazo de oito días hábiles desde a publicación no BOP, aprazándose aquela se se producen reclamacións contra o dito prego.
11. Gastos de anuncios: correrán por conta do adxudicatario.
O Grove, 3 de setembro de 2001.
Miguel Ángel Pérez García
Alcalde