1. Entidade adxudicadora: Concello de Gomesende.
2. Obxecto do contrato.
Descrición: abastecemento e pavimentación en Sobrado.
Prazo de execución (meses): 3 meses.
3. Tramitación: urxente; procedemento: aberto; forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 6.093.000 pesetas.
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información no Concello de Gomesende, Sobrado. Tfno. 988 48 50 00; fax 988 48 50 01, ata o remate do prazo de presentación de propostas.
7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non se require.
8. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes á última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.
c) Lugar de presentación: no rexistro do Concello de Gomesende, ou mediante outros sistemas admitidos pola lexislación vixente, na forma prevista no prego de condicións.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.
e) Admisión de variantes (concurso): de acordo co prego de condicións.
8. Apertura das proposicións económicas: no Concello de Gomesende, ás trece horas do cuarto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.
9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Gomesende, 27 de xullo de 2001.
Radigundo Castro Fernández
Alcalde