Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 12 de setembro de 2001 Páx. 12.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 2 de agosto de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador AC-104/2001, do 18 de xuño de 2001, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 14-1-1999), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a incoación do expediente sancionador nº AC-104/2001, da Delegación Provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña, xa que, intentada polos medios habituais, no puido practicarse.

Advírteselle ó titular do establecemento denunciado que, de conformidade co artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, no caso de non efectuar alegacións no prazo de quince días e, tendo en conta que o devandito acordo contén un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade que se lle imputa, poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: AC-104/2001.

Denunciado: Ramón García Pérez.

Establecemento: Café-Cantante Standing.

Enderezo: Trasmonte, 17.

Localidade: Oroso.

Precepto infrinxido: artigo 86.1º, 2º e 5º da Lei 9/1997.

A Coruña, 2 de agosto de 2001.

Isabel García Vila

Delegada provincial da Coruña