Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de exe
cución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.D. derivación Frigalsa-Padín, r/ Párroco Don Serafín.
Situación: Vigo.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 40 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o empalme que se vai realizar nas liñas existentes ós CC.TT. Frigalsa, A Riouxa e Catro Pontes ata o centro de distribución que se proxecta na rúa Párroco Don Serafín. L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 240 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.D. proxectado ata a L.M.T. ó C.T. Padín. Centro de distribución con catro celas C.M.L.-SF6. Toda a instalación está situada no concello de Vigo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do R.D. 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do R.D. 1955/2000, será de doce meses a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente.
Pontevedra, 12 de xullo de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra