Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Fontenla.
Situación: Campo Lameiro.
Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, con conductor tipo LA-56, de 299 m de lonxitude, desde un apoio s/n da L.M.T. ó C.T. Mullerboa ata o C.T. que se proxecta en Fontenla, no concello de Campo Lameiro. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 17 m de lonxitude, con conductor R.Z., desde o C.T. existente de Fraga-Alleira. R.B.T., subterránea, de 830 m de lonxitude, desde o C.T. de Fontenla.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 10 de xullo de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra