Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 12 de setembro de 2001 Páx. 12.147

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2001 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de enxeñería do terreo, do departamento de Tecnoloxía da Construcción, a Manuel Juan Melis Maynar.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 6 de outubro de 2000 (BOE do 26 de outubro), para a provisión da praza 00/049 de catedrático de universidade da área de coñecemento de enxeñería do terreo, do departamento de Tecnoloxía da Construcción desta universidade, a favor de Manuel Juan Melis Maynar,

e unha vez que o interesado acreditase os requisitos ós que alude o número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Manuel Juan Melis Maynar catedrático de universidade da área de coñecemento de enxeñería do terreno, do departamento de Tecnoloxía da Construcción desta universidade.

A Coruña, 8 de agosto de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña