Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 11 de setembro de 2001 Páx. 12.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/131-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T.e C.D. praza Xoán XXIII nº 8, rúa Aquilino Iglesias.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Características técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 75 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. existente entre os CC.TT. existentes de López Ballesteros, Duque de Rivas e Carril ata o centro de distribución que se proxecta nomeado praza Xoán XXIII nº 8, na rúa Aquilino Iglesias, no concello de Vilagarcía de Arousa, rematando no punto de inicio da liña. C. de distribución con 3 celas de liña CML-SF6.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do R.D. 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do R.D. 1955/2000, será de doce meses a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Pontevedra, 5 de xullo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra