Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 11 de setembro de 2001 Páx. 12.111

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 23 de agosto de 2001, do tribunal número un (prazas de persoal técnico), designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), convocado pola Resolución do 25 de xuño de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 127, do 2 de xullo) pola que se aproban e fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas selectivas (técnicos).

Advertido un erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 174, do 7 de setembro de 2001, cómpre face-la seguinte corrección:

No anexo que figura na páxina 11.989, onde di: «Listas provisionais probas selectivas Igape», debe dicir: «Listas definitivas probas selectivas Igape».