Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 11 de setembro de 2001 Páx. 12.096

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN de corrección de erros do 2 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a publicación do texto do anexo I, táboa salarial para o ano 2001 do convenio colectivo de industrias vitivinícolas, alcoholeiras e sidreiras da provincia de Ourense, o cal non foi achegado para a súa publicación co texto deste.

Visto o texto do anexo I, táboa salarial para o ano 2001 do convenio colectivo de industrias vitivinícolas, alcoholeiras e sidreiras da provincia de Ourense (código de convenio número 3200875), con entrada nesta delegación provincial e que por erro non foi enviada para a súa publicación co texto do citado convenio.

Esta delegación provincial, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 2 de xullo de 2001.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

Táboa salarial ano 2001

Grupos

Categorías

Salario

base

TécnicosEncargado xeral114.400

Técnico titulado superior93.600

Técnico titulado medio88.400

Encargado de bodegas e fábricas85.280

Encargado de laboratorio85.280

Axudante de laboratorio82.628

Auxiliar de laboratorio79.950

AdministrativosEncargado de administración90.610

Xefe de administración85.280

Axudante administrativo82.628

Auxiliar administrativo79.950

ComerciaisEncargado de vendas90.610

Xefe de vendas85.280

Viaxante82.628

Auxiliar de vendas79.950

ObreirosEncargado sección ou cuadrilla/oficial 1ª90.610

Oficial 2ª/conductor con carné de 1ª85.280

Oficial 3ª/almaceneiro82.628

Peón/conductor repartidor79.950

SubalternosMozo75.868

Conserxe75.868

Subalterno75.868

Recadeiro75.868

Persoal de limpeza75.868