Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2001 Páx. 12.070

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

CORRECCIÓN de erros.-Anuncio de licitación.

Advertido erro por omisión no devandito anuncio publicado no DOG nº 171, do martes, 4 de setembro de 2001, tralo punto 8 debemos engadi-los seguintes:

9. Solvencia económica e financeira. Acreditarase por calquera dos medios a que se refiere o artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

10. Solvencia técnica. Acreditarase mediante a relación das obras executadas no curso dos últimos cinco anos, acompañada de certificados de boa execución para as máis importantes.

11. Presentación de proposicións. No rexistro xeral do concello, durante os trece días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece, e nos tres sobres cerrados a que se refire a cláusula 14 do referido prego-tipo, conforme proceda.

12. Apertura de plicas. Terá lugar no salón de sesións da casa do concello, ás trece horas do seguinte día hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, ante a mesa de contratación, logo de cualifica-la documentación presentada.

13. Criterios para a adxudicación do concurso. Serán os seguintes:

a) Oferta de control interno de calidade: ata 5 puntos.

b) Reducción de prazos na execución da obra: ata 4 puntos.

c) Oferta económica: ata 1 punto.

14. Modelo de proposición económica. O recollido na cláusula 14 do referido prego-tipo de cláusulas administrativas particulares, para a súa inclusión dentro do sobre A.

Arzúa, 12 de xullo de 2001.

Manuel Moscoso López

Alcalde