Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2001 Páx. 12.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/79-2, 5671 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. C.T. e R.B.T. en avda. da Mariña 25.

Situación: Foz.

Descricións técnicas: L.M.T. soterrada a 20 kV de conductor R.H.Z-150 mm Al con lonxitude de 66 m que provén do C.T. San Francisco, entre no C.T. Aldi para saír en dirección ó C.T. praza e C.T. Vego. Reforma do C.T. Aldi de 2x630 kVA de potencia e relación de transformación 400/230 V. R.B.T. soterrada con lonxitude de 2 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 11 de xullo de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo