Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 07 de setembro de 2001 Páx. 12.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, para a contratación da primeira fase da anualidade 2001 do Plan parques de bombeiros e protección civil.

Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación da 1ª fase da anualidade 2001 do Plan parques de bombeiros e protección civil da seguinte obra:

Proxecto: parque local de bombeiros.

Lugar de execución: Concello de Ribeira.

Orzamento: 68.998.240 pesetas, (414.687,77 euros).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: C-2, 4-d.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Anuncio extenso: BOP.

Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación ata as 13 horas do día, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 30 de agosto de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Luis Jaime Rodríguez Fernández

Secretario accidental da Deputación provincial da Coruña