Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 07 de setembro de 2001 Páx. 12.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, para a contratación da 5ª fase da primeira programación plurianual das obras incluídas no convenio Xunta-Deputación para a reforma e construcción de instalacións deportivas 1997-2001.

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación da 5ª fase da primeira programación plurianual das obras incluídas no convenio Xunta-Deputación para a reforma e construcción de instalacións deportivas 1997-2001, que figuran a continuación, cos orzamentos, garantías e clasificación que se relacionan.

2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación en horas de 9 a 13 dentro do prazo dos trece días naturais, que comezará a contar desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

4. O texto íntegro do presente anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 27 de agosto de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Luis Jaime Rodríguez Fernández

Secretario acctal. da Deputación Provincial

da Coruña

5ª fase da primeira programación plurianual das obras incluídas no convenio Xunta-deputación para reforma e construcción.

Denominación. Lugar de execuciónOrzamentoAnualidadesPrazo de execuciónClasificaciónGarantía provisionalGarantía definitiva

Noia

Pista de atletismo en Noia99.993.530 ptas.

600.973,22 euros

Ano 1999: 33.713.721 ptas. 202.623,54 euros

Ano 2000: 33.713.721 ptas. 202.623,54 euros

Ano 2001: 32.566.088 ptas. 195.726,13 euros

Ano 2002: 0,00 euros

Ano 2003: 0,00 euros

10 mesesC-3, 4, 6-e; G-4-eNon se esixe

0,00 euros

4% do prezo de adxudicación