Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 07 de setembro de 2001 Páx. 12.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2001 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de material especial con destino á imprenta provincial.

Expediente ref. 01/7158 do Servicio de Patrimonio e Contratación.

Obxecto: subministración de material especial con destino á imprenta provincial.

Lugar de entrega e instalación: imprenta provincial.

Prazo de entrega: ata o 31 de decembro de 2001.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 7.336.442 pesetas, (44.092,90 euros), desagregado en 5 lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º. 15003 A Coruña, teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións: data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais a contar desde o seguinte ó da derradeira publicación en BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 28 de agosto de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Luis Jaime Rodríguez Fernández

Secretario accidental da Deputación Provincial da Coruña