Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 07 de setembro de 2001 Páx. 12.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

A Alcaldía-Presidencia con data catorce de xuño do ano que andamos aprobou inicialmente o proxecto de estudio de detalle para a reordenación do volume no sector CCC do Plan parcial remodelado do polígono de Caranza.

De conformidade co artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes, a partir do día seguinte a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 14 de xuño de 2001.

Xaime Bello Costa

Alcalde