Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 07 de setembro de 2001 Páx. 12.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por acordo plenario do día 28-8-2001, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación mediante concurso, con procedemento aberto urxente, para a prestación dun servicio de actividades deportivas de motor e ocio mediante o arrendamento de instalacións, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, no BOP ou prensa para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, se ben a licitación aprazarase, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Tipo de licitación: 5.500.000 pesetas (33.055,67 euros) anuais.

Prazo de arrendamento: quince anos (15).

Fianza definitiva: 1.375.000 pesetas (8.264 euros).

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do terceiro día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, salve se é sábado, en que se trasladará ó luns seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación en horario de 9 a 14 horas, dentro do prazo de trece (13) días naturais contados desde o día seguinte á última publicación.

Documentación: presentarase en sobre pechado conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto no secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 29 de agosto de 2001.

José María Vázquez Barca

Alcalde accidental