Visto o expediente instruído para efectos de transmisión do viveiro Ferreiro e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
a) Antecedentes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito de data 30-3-2001, Manuel Meis Cacabelos, en nome e representación de Remagro, S.A., solicitou autorización para transmisión da concesión do viveiro Ferreiro.
Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características do viveiro e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.
b) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, y coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Segundo.-O expediente seguíu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais nor
mas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería,
RESOLVE:
Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Amador Diz Rodríguez (35462768-B), Juan Javier Diz Rodríguez (35463353-K), Alberto Diz Rodríguez (35462667-W) e Marcos Diz Rodríguez (35467756-P), da concesión que se indica a continuación:
Identificación.
Tipo: batea.
Nome: Ferreiro.
Localización:
Cuadrícula nº: 103.
Polígono: G.
Distrito: O Grove (Pontevedra).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 30-5-1975.
Remate da vixencia: 25-6-2005.
Actual titular: Remagro, S.A. (A-36182087).
Novo titular: Amador Diz Rodríguez (35462768-B), Juan Javier Diz Rodríguez (35463353-K), Alberto Diz Rodríguez (35462667-W) e Marcos Diz Rodríguez (35467756-P)
Baixo as seguintes condicións:
Primeira.-O titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro,
modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas y do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 16 de abril de 2001.
P.D. (Orde 14-6-1999, DOG 120, do 24 de xuño)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo