Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 07 de setembro de 2001 Páx. 11.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/234-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. rúa da Cal, nº 74.

Situación: A Guarda.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 860 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un punto da L.M.T. ROS 811, entre

os CC.TT. da rúa Tomiño e A Cruzada, ata o C.T. que se proxecta na rúa da Cal nº 74, no concello da Guarda, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 29 de xuño de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra