Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta de bens e dereitos da U.E. I-03 Metalúrxica. (Expediente 129/413).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 28 de xuño de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Emitir informe no sentido recollido na parte expositiva do presente acordo sobre a documentación presentada pola xunta de compensación da U.E. I-03 Metalúrxica para a expropiación da parcela de 1.129 m de superficie incluída no devandito polígono, inscrita no Rexistro da Propiedade a favor de Renfe, considerando a falta de incorporación desta á xunta de compensación do polígono.

Segundo.-Sométese o proxecto de expropiación (expediente 129/413) ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como a notificación individual con traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración á entidade expropiada Renfe.

Procédese ó trámite de información pública do citado proxecto significando que o prazo de exposición se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 13 de xullo de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo