Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.955

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANDIÁS

EDICTO.

Con data 30 de agosto de 2001 foi aprobado pola Comisión Municipal de Goberno o prego de cláusulas administrativas para a contratación das obras de beirarrúas, abastecemento Sandiás-Vilariño das Poldras, 1ª fase, obra nº 69/PB/2001, o que se expón ó público na secretaría do concello polo prazo de 4 días hábiles, para que poidan presentarse reclamacións, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Así mesmo, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato mediante concurso e polo trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 10.300.000 pesetas.

Fianza provisional: 206.000 pesetas.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Proposicións: presentaranse no rexistro de entrada do concello, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG (se coincidise con sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo). Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil (agás sábado), a aquel en que remata o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello de Sandiás, teléfono: 988 46 50 01. Fax: 988 44 60 48.

Sandiás, 30 de agosto de 2001.

Mª Concepción Méndez Gándara

Alcaldesa