Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2001 pola que se anuncia concurso para a contratación da dirección facultativa das obras incluídas no proxecto básico e de execución das edificacións dentro do proxecto de recuperación integral das marxes do río Miño en Ourense.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

1.3. Número de expediente: 808/2000.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: concurso, mediante procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación do proxecto básico e de execución das edificacións dentro do proxecto de recuperación integral das marxes do río Miño en Ourense.

2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do replanteo do contrato principal e terminará coa devolución da fianza do contrato principal.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación:

4.1. Importe total: 4.199.629 pesetas (25.240,28 euros), IVE incluído.

5. Fianzas:

5.1. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención da documentación e información:

6.1. Entidade: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos:

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e noin estean incursas en causa de prohibición ou incompatibilidade.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia, de 9 a 13 horas.

8.2. Documentación necesaria: a que se sinala no artigo 5 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na Praza Maior, 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: 3 meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: Praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 18 de xullo de 2001.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde