Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 06 de setembro de 2001 Páx. 11.897

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 19 de xuño de 2001, e correspondentes á categoría 37 (titulado medio de formación ocupacional) (lista B) do grupo II.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 27 de agosto de 2001, resolución estimatoria dos recursos formulados por María Xosé Ónega Folgueira, Mª Esther Rodríguez González, Eva María Rego Iglesias, Ana María Sánchez Pérez contra a Resolución do 19 de xuño de 2001, pola que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 37 (titulado medio de formación ocupacional) (lista B) do grupo II.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio das peticións das interesadas, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada por esta, nas listas publicadas por Resolución do 19 de xuño de 2001, no sentido de que deben figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 37 (titulado medio de formación ocupacional) (lista B) do grupo II, cos datos seguintes:

María Xosé Ónega Folgueira, DNI: 33326360, lista B, puntuación: 3,100 puntos.

-No posto número 8 para o ámbito D0000.

-No posto número 7 para o ámbito D1500.

-No posto número 6 para o ámbito D2700.

-No posto número 5 para o ámbito D3200.

-No posto número 6 para o ámbito D3600.

Mª Esther Rodríguez González, DNI: 34946180, lista B, puntuación: 2,550 puntos.

-No posto número 9 para o ámbito D1500.

Eva María Rego Iglesias, DNI: 32630466, lista B, puntuación: 3,250 puntos.

-No posto número 6 para o ámbito D0000.

-No posto número 5 para o ámbito D1500.

-No posto número 4 para o ámbito D2700.

-No posto número 3 para o ámbito D3200.

-No posto número 4 para o ámbito D3600.

Ana María Sánchez Pérez, DNI: 32668437, lista B, puntuación: 4,130 puntos.

-No posto número 5 para o ámbito D0000.

-No posto número 4 para o ámbito D1500.

-No posto número 3 para o ámbito D2700.

-No posto número 2 para o ámbito D3200.

-No posto número 3 para o ámbito D3600.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

A presente resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública