Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T.S. e C.T. Ladeira.
Situación: Xinzo de Limia.
Características técnicas: liña a 20 kV soterrada en conductor R.H.V. 12/20 kV de 4 m coa orixe na L.M.T. soterrada ó C.T. Telefónica e remata no C.T. proxectado en planta baixa de edificio na r/ Ladeira, con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 26 de xuño de 2001.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense