Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2001 Páx. 11.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2001 pola que se anuncia, polo sistema de poxa aberta con tramitación urxente, a obra de reparación de cuberta e obras varias no IES Urbano Lugrís, A Coruña.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: reparación de cuberta e obras varias no IES Urbano Lugrís.

b) Lugar de execución: A Coruña.

c) Prazo de execución: tres meses.

d) Importe total: 26.762.294 pesetas

(160.844,62 euros).

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

f) Clasificación provisional: exímese (artigo 35.1º do Real decreto lexislativo 2/2000 polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administración públicas).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: poxa.

c) Forma: aberta.

4. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña. (Unidade Técnica).

b) Domicilio: praza de Luis Seoane, s/n 7ª planta.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15071.

d) Teléfono: 981 18 47 45, 981 18 47 52.

e) Fax: 981 18 47 85.

5. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG. Se este cae en sábado ou domingo, será o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da delegación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

-Enderezo: praza de Luis Seoane, s/n 7ª planta.

-Localidade: A Coruña 15071.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a resolución de adxudicación da poxa.

6. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

b) Enderezo: praza de Luis Seoane, s/n 7ª planta.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o cuarto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións. Se este cae en sábado, pásase ó día hábil seguinte.

e) Hora: 12 horas.

7. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 23 de agosto de 2001.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria