Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2001 Páx. 11.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2001, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa na adquisición a título oneroso dos inmobles que integran o muíño situado no río Sor, no termo municipal de Mañón (A Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 18.2º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 46.2º do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o disposto no Decreto 312/2000, do 28 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda,

RESOLVO:

Facer público, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Medio Ambiente, a utilización do procedemento de contratación directa, con base nas peculiaridades do ben, na adquisición dos inmobles que integran o muíño situado no río Sor, no termo municipal de Mañón (A Coruña), na medida que o desenvolvemento do Plan de recuperación de ríos prevé a necesidade de potencia-las infraestructuras de canles de criadeiro para o fomento da riqueza piscícola, ofrecendo ós muíños a posibilidade de crear de forma artificial algún tipo de infraestructura adecuada para o desenvolvemento das especies.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2001.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda