Convocado concurso por Resolución do 26 de abril de 2000 (BOE do 23 de maio) para a provisión da praza 00/017 de catedrático de universidade da área de coñecemento de enxeñería eléctrica, do departamento de Enxeñería Industrial da Universidade da Coruña, e tendo en conta que a comisión non propón ningún candidato. Visto o artigo 11.2º d) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado, resolve declarar concluído o procedemento e deserta a praza referida.
A Coruña, 14 de agosto de 2001.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña