Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO de licitación.

Por así telo acordado a Comisión de Goberno deste concello, na sesión que tivo lugar o día 11 de xullo de 2001, e ó obxecto de dar cumprimento ó disposto no artigo 78 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, anúnciase concurso por procedemento aberto e polo trámite de urxencia, para adxudica-la obra denominada: revestimento da cuberta do edificio multiúsos e mercado.

1. Obxecto do contrato: a contratación da referida obra, por un orzamento de execución por contrata de 10.000.000 de pesetas, usando para a mesma o prego-tipo de cláusulas administrativas particulares, que rexerá para a contratación de obras mediante concurso con procedemento aberto, aprobado pola Comisión de Goberno na sesión do día 22 de setembro de 2000 (que se atopa publicado no BOP nº 198, do 29 de agosto), o cal se considerará como parte íntegra do expediente e do contrato que se formalice.

2. Duración do contrato: a obra obxecto de contratación deberá estar executada coa antelación suficiente como para poder ser xustificada na delegación provincial da Consellería de Industria antes do día 30 de novembro de 2001, debendo empeza-las obras a partir do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

3. Tipo de licitación: 10.000.000 de pesetas, IVE incluído.

4. Gastos e honorarios do técnico director da obra: serán á conta do contratista, de maneira que o importe resultante por ese concepto será obxecto de retención nos pagamentos que se fagan ó contratista adxudicatario, para facelos efectivos ó técnico director.

5. Revisión de prezos: atendendo á natureza desa obra, non procederá en ningún caso a revisión de prezos do contrato e polo tanto non se aplicará ningunha fórmula de revisión de prezos.

6. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación verificarase contra certificación de obra, acompañada da súa relación valorada, expedida polo técnico director das obras, logo da súa aprobación pola Comisión de Goberno do concello.

7. Publicidade do prego: estará de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais, podéndose obter copia del.

8. Garantía definitiva: será requisito previo e necesario para a formalización do contrato e consistirá no 4% do prezo de adxudicación.

Arzúa, 12 de xullo de 2001.

Manuel Moscoso López

Alcalde