Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 19 de xullo de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan acordos de finalización do procedemento de taxación pericial contradictoria pendentes de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Alonso de Paz, Encarnación).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30

de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de finalización do procedemento de taxación pericial contradictoria, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Secretaría da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio de secretaría desta delegación territorial (Dependencia de Notificacións), con domicilio na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 19 de xullo de 2001.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Alonso de Paz, Encarnación

DNI: 34245491

A Muíña, nº 3-A, 1º B

Santiago de Compostela

Imposto de sucesións e doazóns

Requirimento de constitución de depósito

Expte. S-1338/1995, TPC nº: 201/2000

e 9/2001-s