Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 04 de setembro de 2001 Páx. 11.784

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2001 pola que se aproba a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de analista de rede de comunicacións (datos), convocada por Resolución do 19 de marzo de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 2 de maio).

Rematado o prazo de presentación de reclamacións contra a lista provisional de aspirantes de admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de analista de rede de comunicacións (datos) convocada por Resolución do 19 de marzo de 2001 (DOG do 2 de maio), este rectorado, en aplicación do previsto na base 4.1 da convocatoria, resolve aproba-las lista definitiva de aspirantes admitidos que figura a continuación:

Relación de admitidos:

Fariñas Alvariño, Javier. DNI: 32819967.

Posse Fernández, Manuel José. DNI: 32754981.

De acordo co establecido na base 7.1º convócase ós aspirantes para a realización do primeiro exercicio da oposición que dará comezo ás 9 horas do día 24 de setembro de 2001 na sala da Xunta de Goberno da universidade (rúa Mestranza, s/n).

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este rectorado no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

A Coruña, 17 de xullo de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña