Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2001 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación dos expedientes 42 e 51/2001.

Subministracións:

Expediente nº 042/2001.

Obxecto: microscopio de láser confocal. Unidade de Microscopía Electrónica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 45.000.000 de pesetas ou 270.455,44 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 900.000 pesetas ou 5.409,11 euros.

Prazo de entrega: 4 meses.

Expediente nº: 051/2001.

Obxecto: publicacións periódicas. Biblioteca Universitaria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 350.000.000 de pesetas ou 2.103.542,36 euros, IVE incluído, para o ano 2002.

Garantía provisional: 7.000.000 de pesetas, equivalentes a 42.070,85 euros.

Prazo de entrega/execución: 3 anos.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

Enderezo: Rúa Nova 6, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña, España.

Nº de teléfono: 981 57 25 00, extensión 11260.

Nº de fax: 981 54 70 09.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

3. Lugar de entrega.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela. Centro ou servicio citados para cada expediente. 15782 Santiago de Compostela, A Coruña, España.

b) Natureza e cantidade dos productos: os establecidos nos pregos de cláusulas.

c) Posibilidade de lotes: débese licita-la totalidade do expediente.

4. Obtención de información.

a) Entidade: Universidade de Compostela, Servicio de Xestión Económica.

-Domicilio: Rúa Nova, 6.

-Localidade e código postal: 15782 Santiago de Compostela.

-Teléfono: 981 57 25 00, extensión 11260.

-Fax: 981 54 70 09.

b) Data límite de obtención de documentos e información: 5 de setembro de 2001.

c) A documentación para participar no concurso poderá ser consultada ou retirada na copistería Copynino, Xeneral Pardiñas 2 (Galerías) Santiago de Compostela, (teléfono 981 58 89 38) ou na copisterías Unicopia, avda. de Madrid 11-15, 27002 Lugo (teléfono 982 28 03 85).

5. Data límite de presentación de propostas.

a) A data límite é o 5 de setembro de 2001.

b) Documentación que se ten que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

* Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rectorado, rexistro xeral.

Domicilio: praza do Obradoiro, s/n.

Localidade e código postal: 15782 Santiago de Compostela.

* Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, rexistro xeral, servicios centrais do campus de Lugo (edificio Biblioteca Intercentros).

Domicilio: polígono de Fingoi, s/n.

Localidade e código postal: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

6. Admisión de persoas na apertura das ofertas: a apertura é pública e realizarase en:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

Domicilio: Rúa Nova, 6.

Localidade: Santiago de Compostela.

b) Data: 10 de setembro de 2001.

Hora: 13 horas.

Lugar: sala de xuntas da Casa da Balconada.

7. Garantías esixidas.

Provisional: a citada para cada expediente.

8. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán a cargo do adxudicatario.

9. Data de envío do anuncio ó DOCE: 16 de xullo de 2001.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2001.

P.D. (Resolución 1-2-2000)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos