Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.
Domicilio social: Nicaragua, 10-3º esq., A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., interconexión, aeroxerador con dist. H. da Laracha.
Situación: A Laracha.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV que unirá o aeroxerador expediente 50237 e o centro de manobra e distribución, de 850 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 150 mm Al. Concello da Laracha.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 5 de xullo de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña