Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Udesa.
Domicilio social: rúa de Madrid, 1-B (polígono das Fontiñas), Santiago de Compostela.
Denominación: L.M.T. e C.T. en Armucela-Borrifáns.
Situación: Cesuras.
Descricións técnicas: L.M.T. a 15/20 kV de 591 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte da L.M.T. ó C.T. Pousadoira e final no C.T. aéreo de 50 kVA en Armucela-Borrifáns. Concello de Cesuras.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 5 de xullo de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña