Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por concurso aberto da subministración de vehículos e motocicletas para a policía local do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: parque móbil. Nº de expediente: 14161/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración por lotes de vehículo para a xefatura da policía local, furgón de atestados e seis motocicletas para a policía local.

Unidades que se entregarán: véxanse as condicións técnicas.

Lotes: si, tres lotes.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 60 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: lote 1: 3.600.000 pesetas, lote 2: 4.800.000 pesetas, lote 3: 9.000.000 de pesetas.

5. Garantía: provisional: dispensada.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicita-la documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 21 de agosto de 2001.

Xabier Toba Girón

Alcalde accidental