Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA TEIXEIRA

EDICTO.

O Pleno do Concello da Teixeira, en sesión ordinaria do día 10 de xullo de 2001, aprobou definitivamente, co voto favorable da maioría absoluta do número legal de membros da corporación, o proxecto de ordenación do medio rural da Teixeira de conformidade co establecido no artigo 42.5º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o que se fai público mediante o presente edicto no Diario Oficial de Galicia, xunto coa publicación no BOP de Ourense do documento que contén a normativa e as ordenanzas, en cumprimento do previsto no artigo 48 do mesmo texto legal e 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, para efectos da eficacia do acto e a entrada en vigor do instrumento de planeamento.

Contra o acordo de aprobación definitiva, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición diante do Pleno da Corporación no prazo de 1 mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto, ou directamente recurso contencioso-administrativo diante da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses contado desde a mesma data, ou ó día seguinte da recepción da notificación da resolución do recurso administrativo de reposición -se se interpón-, se é expresa, ou 6 meses a partir do seguinte a aquel no que se produza o acto presunto. Se se interpón recurso de reposición en vía administrativa, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente aquel ou se produza a desestimación presunta e do devandito recurso.

Poderase interpor calquera outro recurso que se estime procedente.

A Teixeira, 18 de xullo de 2001.

Miguel A. Cid Álvarez

Alcalde