Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.689

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORDES

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste Concello, na sesión ordinaria do día 27 de xuño de 2001, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización da unidade de execución 13, conforme o acordo que, transcrito literalmente, di:

Aprobado inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de execución 13, na sesión da Comisión Municipal de Goberno do 4-10-2000 e sometido a información pública mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia, no diario El Correo Gallego e no taboleiro de anuncios do concello e notificado individualmente ós propietarios afectados, non se presentaron alegacións.

De conformidade co establecido no artigo 45.2º da Lei do solo de Galicia, a Comisión Municipal de Goberno acorda:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da unidade de execución 13.

2. Publica-la aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia.

3. Notificar este acordo a tódolos interesados sinalando os recursos procedentes.

O que se fai público para a súa efectividade, en cumprimento do preceptuado no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento urbanístico.

Ordes, 9 de xullo de 2001.

O alcalde

Rubricado