Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. Expediente número: 2/2001.

2. Obxecto do contrato: execución das obras do proxecto de dotación de servicios de auga, saneamento e pavimentación, na rúa 7 de Santa Lucía.

3. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

4. Orzamento base de licitación: 10.527.552 pesetas.

5. Garantía provisional: 210.551 pesetas. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Moraña, en horario de 9 a 14 horas, no prazo de vinteseis días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

7. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de cláusulas administrativas, presentarase conforme o seguinte modelo:

«D./Dª..., con DNI nº..., expedido en..., con data..., en nome propio (ou en representación de..., como acredita por...), informado/a da convocatoria de concurso polo procedemento aberto, anunciado no Diario Oficial de Galicia nº..., de data..., toma parte nel comprometéndose a realiza-la obra de dotación de servicios de auga, saneamento e pavimentación na rúa 7 de Santa Lucía, no prezo de... (en letra e número), comprendendo esta oferta o prezo da contrata e o importe do imposto sobre o valor engadido, de acordo co proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas que acepta integramente. Lugar, data e sinatura».

8. Apertura das ofertas: no salón de sesión do concello de Moraña, ás 14 horas do quinto día seguinte hábil ó do remate de presentación de ofertas, excepto sábados.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Exposición do prego de cláusulas administrativas: durante o prazo de 8 días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio.

Moraña, 30 de xullo de 2001.

José A. Eiras Paz

Alcalde