-Obra: reforma do centro de saúde Casa do Mar da Coruña.-Orzamento de contrata: 361.331.060 pesetas (2.171.643,41 A).-Prazo de execución: 18 meses.-Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría e.-Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.-Forma de tramitación: urxente.-Variantes ó proxecto: non se admiten.
Exposición de proxectos.
Os proxectos e mailos pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Investimentos (copistería Copi Belén, rúa Rosalía de Castro, 29-31), ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.
Solvencia económica, financeira e técnica.
Os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.
Prazo de presentación de proposicións.
Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ou nas direccións provinciais correspondentes, ata o décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Documentación que deberán presenta-los licitadores.
-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas.
-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.
-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.
Criterios de adxudicación.
Os definidos na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.
Apertura de proposicións.
Será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.
No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Anuncios.
Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2001.
P.D. (Decreto 49/1998, Resolución 19-7-2001)
Manuel Antonio Silva Romero
Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde