Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2001, da Dirección Provincial de Ourense, pola que se resolve o concurso público 1DP/2001 convocado con data do 27 de abril de 2001 para a subministración sucesiva de material de incontinencia urinaria.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas, conforme o establecido no artigo 6 h) da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 4 de maio), modificada pola do 22-3-2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), as dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da autorización do director xeral do 19 de xaneiro pasado, para a subministración de material de incontinencia urinaria.

1. Nome e dirección do órgano de contratación: Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Ourense. Rúa Xoán XXIII, 27-1º- Ourense.

2. Modalidade de adxudicación escollida: concurso aberto.

3. Data de adxudicación do contrato: 28 de xuño de 2001.

4. Criterios de adxudicación do contrato: os indicados no prego de cláusulas administrativas que rexeu no concurso.

5. Número de ofertas recibidas: oito.

6. Nome e enderezo dos provedores:

Lotes números 1, 2 e 7: Laboratorios Indas, S.A., Camino de las Huertas, 28224 Pozuelo de Alarcón (Madrid).

Lotes números 3, 4, 5 e 6: I.D. Médica España, S.A., praza Tirant lo Blanc 3 6º 1ª 08005 Barcelona.

7. Natureza e cantidade dos productos subministrados:

Lote nº 1. Empapador ou traveseiro absorbente de cama 60x60: 86.600 u/ máximo.

Lote nº 2. Empapador ou traveseiro absorbente de cama 60x90: 243.400 u/ máximo.

Lote nº 3. Absorbente incontinencia día anatómico: 366.700 u/ máximo.

Lote nº 4. Absorbente incontinencia noite anatómico: 133.300 u/ máximo.

Lote nº 5. Absorbente incontinencia supernoite anatómico: 246.600 u/ máximo.

Lote nº 6. Absorbente incontinencia supernoite anatómico con elásticos: 634.000 u/ máximo.

Lote nº 7. Empapador o traveseiro reutilizable para cama de 90 cm.: 200 u/ máximo.

8. Prezo:

Lote nº 1. 19,95 pesetas unidade.

Lote nº 2. 28,95 pesetas unidade.

Lote nº 3. 27,5 pesetas unidade.

Lote nº 4. 32 pesetas unidade.

Lote nº 5. 41,5 pesetas unidade.

Lote nº 6. 52 pesetas unidade.

Lote nº 7. 2.720 pesetas unidade.

9. Data de publicación do anuncio:

DOCE: 12 de abril de 2001.

BOE nº 95, do 20 de abril de 2001.

DOG nº 82, do 27 de abril de 2001.

Ourense, 28 de xuño de 2001.

X. Santiago Camba Bouzas

Director provincial do Servicio Galego de Saúde