Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.675

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador na orde social 39/2001.

Non sendo atopado no domicilio coñecido por esta delegación provincial o titular das empresas que se indican a seguir, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándoo de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia pode interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

Expediente: 39/2001.

Acta nº: 1394/00 (I e II).

Titular: S.B.G., S.L. (II).

NIF/DNI: B-15.669.880.

Enderezo: Avda. Párroco Villanueva, 2. Sada.

Materia: seguridade e hixiene.

Data res.: 8-6-2001.

Sanción: 250.100 ptas.

A Coruña, 11 de xullo de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña