Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.672

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2001, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso por procedemento aberto para a contratación da consultoría e asistencia para apoio técnico e supervisión de proxectos da Dirección Xeral de Servicios Sociais.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais - Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para supervisión de proxectos, elaboración de informes e apoio técnico á Dirección Xeral de Servicios Sociais.

b) Lugar de execución: servicios centrais (Dirección Xeral de Servicios Sociais - Santiago).

e) Prazo de execución: 2 anos, a partir do 1-10-2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base licitación: doce millóns oitocentas mil (12.800.000) pesetas; (76.929 euros) IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: 256.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n - Edificio Pirámide.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 56 77; fax 981 54 56 63.

e) Internet: www.sergas.es.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (Edificio

Administrativo San Caetano, s/n, 2ª planta - Santiago de Compostela).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

b) Domicilio: sala de xuntas (ver punto 6.b).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o undécimo día natural seguinte ó de remate de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

9. Gastos dos anuncios: o pagamento do presente anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2001.

Corina Porro Martínez

Directora Xeral de Servicios Sociais